Atesvi Logotipo

Quen somos?

Atesvi S.L. é unha empresa dedicada á enxeñaría civil que está especializada na construción de grandes estruturas de formigón, tales como revestimentos de túneles, canles hidráulicas, pasos superiores e inferiores sobre estradas e vías férreas, pozos de bombeo, muros prefabricados ou viadutos.

O principal obxectivo da nosa empresa é ofrecer aos nosos clientes un traballo rápido e de máxima calidade; para iso contamos con persoal cunha amplísima experiencia no sector da construción, ademais dispomos da tecnoloxía máis avanzada e os equipos máis modernos para unha áxil execución das obras contratadas.

Atesvi S.L., constituída o 21 de outubro de 2003, está integrada por un equipo técnico de gran experiencia no deseño de solucións integrais de formigón e en enxeñaría civil. Estamos en disposición de ofrecer aos nosos clientes un amplo catálogo de proxectos e servizos; desde a contratación, unicamente, de man de obra, ata a realización do proxecto integral de enxeñaría, pasando pola provisión de materiais, a ideación de proxectos, a contratación de medios de elevación e de medios auxiliares, etc. Ofrecemos ademais, a posibilidade de que o cliente elixa e combine, do modo que lle sexa máis apropiado, aqueles servizos que pomos á súa disposición.

Atesvi S.L. © 2012